25/10/11

Poesía e matemáticas

 Como observamos na anterior entrada do blogue, as palabras teñen a súa propia maxia. Pero, a que non sabíades que tamén se poden xuntar para formar un pequeno poema que, ao metelo na nosa caixa máxica, se transforma nun número do máis máxico? Velaí vai a proba:
"Soy y seré a todos definible
mi nombre tengo que daros
cociente diametral siempre inmedible
 soy, de los redondos aros."
Cando acabamos de ler parece evidente deducir de que número máxico estamos a falar: o gran número pi. Pero, onde está a maxia? Parece que a nosa caixa está traballando... Xa está!
 Se cambiamos cada palabra polo número de letras que a forman, obtemos as 20 primeiras cifras do número pi:
   3, 1415926535897932384...
 Se queredes saber máis curiosidades arredor do número pi consultade a seguinte ligazón á wikipedia:

   

1 comentario: