26/10/11

XXVI-X-MMXI

Ábrete, caixa dos fértiles soños
rebenta, estoura, fai que flúan ceibes as verbas
as ilusións, festexos e asubíos
que levas no fol que te cingue.
Áxiles díxitos feiticeiros
guinda tamén ao ar;
que fagan fuxir os nubeiros e aleden a alborada
os teus sorrisos de esperanza.
E pidan os meniños polo mundo adiante
un codelo de pan e mais un libro
para afastaren a noite dos seus ollos tenros.
Íspete, máxico caixón de xastre,
Envía o teu cómplice céfiro e dille
que nos sopre na faciana
a brisa lixeira das verbas aladas.
Refresquemos os pés nas auguiñas lizgairas
da corrente dos números eternos;
número é tamén o universo fugaz das estrelas,
a música 
e as proporcións das cousas;
número e indefinible baleiro.
Bule, caixa máxica!
Alumea o noso camiño e arreda as sombras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario